O Club
CD Maceda
Crónicas
Resltados e Clasificacións
CD Maceda
Hoxe coñecemos a... Tomás.

Tomás González Álvarez, é un rapaz de Ourense ó que a amizade empurrou a xogar no C. D. Maceda. Veu un día para probar o que se facía por aquí e logo rematará a súa terceira tempada no club. Ademais da súa importante colaboración no ascenso do equipo xuvenil o ano pasado, tamén temos que subliñar o seu debut, con só 15 anos, co equipo de modestos da 2ª rexional. Estuda 1ºde bacharelato no Instituto IES O Couto e parece ser que nalgún intre tivo o corazón dividido entre dous deportes; fútbol e baloncesto.

Ler máis...
 
O Diego de Vilar a Marca: "Hoxe en día un caño faicho calquera"

Unha xogada do noso compañeiro do equipo de modestos Diego, deu moito que falar en tódolos sitios alá onde vai o equipo. Hoxe, o diario deportivo Marca dedícalle a portada en exclusiva … e é que hai cousas que xamais pasan desapercibidas. 

 

 
Debut con dúbidas

Tarde de estrea no Cardeal Quiroga na que o ClubDeportivoMaceda se medía a o C.F. Cortegada no seu regreso á primeira categoría do fútbol provincial.

Comezou o partido cos nervios propios da altura da temporada na que estamos, os dous equipos con moitas dúbidas e temerosos de encaixar un gol que os fixese ir a remolque o resto do partido. Esa incertidume quedou plasmada aos dez minutos cando un oco na defensa macedana colocou a Igor só fronte ao cancerbeiro Iván, o balón foise lambendo o pau da portería local.

 

O ClubDeportivoMaceda daquela xa sabía que calquera erro nesta nova categoría lle suporía un desgusto. A confirmación a estes medos chegou nun saque dende o curruncho, a despistada defensa local viu como o balón pasaba de longo ata chegar ao borde da área dende onde un xogador visitante o enviaría ao fondo da meta vermella. O 0 - 1, nunha xogada de estratexia mil veces defendida e atacada, subiulle as cores aos nosos.

Ler máis...
 
Ánimo Isma!

O pasado sábado o porteiro infantil, Isma, tivo que abandonar debido a unha lesión, o encontro que enfrontaba ao ClubDeportivoMaceda e ao Verín C.F. na vila do Támega. Finalmente as probas mostraron unha pequena rotura na tibia. Sabemos que non foi nada grave e que Isma xa está desexando volver a xogar; en 2 meses volverémolo ter baixo aos paus do Cardeal Quiroga, e seguro que moito antes animando aos seus compañeiros.

 

Dende aquí, compañeiros, adestradores e directiva queremos mandarche un forte alento para que a recuperación sexa o máis curta e levadeira posible.

Ánimo Isma!

 
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Página 1 de 32